Convocatoria ESTALMAT-Galicia 2025
No seguinte enlace pode atopar o Díptico da convocatoria.
Agradecemos o seu interese e respostaremos as dúbidas que lle poidan xurdir sobre o programa se nos envía un correo coas mesmas á dirección electrónica
Inscrición:
- Datas de inscrición: do 12 ao 25 de maio de 2025, ambos inclusive. Excepcionalmente poderán terse en conta solicitudes posteriores a esa data.
- Procedemento: É necesario por cuestións organizativas da proba cumprimentar o FORMULARIO DE INSCRICIÓN. Este ano queremos deixar constancia e analizar a presenza do interese polas Matemáticas nas diferentes localidades de Galicia, polo que empregamos a ferramenta EMAPIC, co fin de elaborar un análise xeográfico dos participantes. Pedirémosche no formulario de inscripción a localización nun mapa do domicilio da nai, pai ou titor/a do menor. Esta localización só se empregará para ter unha referencia xeográfica dos participantes e non será compartida ou publicada de ningún modo. Precisamos que aceptes tamén as normas de protección de datos tanto de EMAPIC como da USC.
-
O correo de confirmación non sae de forma automática unha vez cuberto o formulario, enviarémolos antes da proba, ao correo facilitado da persoa de contacto (pai, nai, titor ou titora). Lembramos que para presentarse a proba non se precisa de ningún documento. Nós precisamos os datos de contacto para saber a quen dirixirnos, se fose preciso, durante a proba.
Proceso de selección.
Constará de dúas fases:
1. Proba de aptitude. Consistirá na resolución de varios problemas. Terá lugar o sábado 31 de maio, ás 10 horas, en cada nunha das catro sedes, situadas nas cidades de Santiago, Lugo, Ourense e Vigo:
- IES Eduardo Blanco Amor: Rúa Vicente Risco 13 - 32001- Ourense
- IES Castelao : Rúa Aragón, 22 36.206 Vigo (Pontevedra)
- Facultade de Formación do Profesorado (USC) : Avda. de Ramón Ferreiro, s/n, 27002 Lugo
- Facultade de Matemáticas (USC): Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15782, Santiago de Compostela
Unha vez corrixidas as probas, publicarase unha lista provisional con 25 estudantes preseleccionados/as e unha lista de agarda con 25 estudantes, as dúas listas por orde alfabética.
2. Entrevista persoal. Posteriormente, levarase a cabo unha entrevista individual coas nenas e nenos preseleccionados na proba de aptitude, acompañados da súa nai, pai ou titores, que previamente serán avisados persoalmente. Está encamiñada a avaliar o interese e o grao do compromiso co proxecto.
Programa de Actividades:
Os estudantes seleccionados comprométense a asistir ao longo dos cursos académicos 2025-26 e 2026-27, ás actividades formativas que se programen nas mañás dos sábados (normalmente 20 sábados cada curso) e, con carácter voluntario, continuar no ano 2027-28 nas actividades de Estalmat-Pi ou 3º curso (ao redor de 15 sesións anuais). Normalmente as actividade son na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.
Desprazamento: Os pais e nais dos estudantes seleccionados deberán adquirir o compromiso de levalos e recollelos ao lugar onde se realicen as sesións formativas e actividades que, agás excepcións, é a Facultade de Matemáticas en Santiago de Compostela.