Convocatoria ESTALMAT-Galicia 2021
Información.
Esta convocatoria de Estalmat está dirixida aos estudantes nacidos nos anos 2007, 2008 ou 2009.
Nos seguintes enlaces pode atopar amplia información sobre o Proxecto ESTALMAT-Galicia (orixe e historia, obxectivos, actividades, organización, proba de selección, patrocinadores, profesorado, etc):
Preguntas e respostas frecuentes sobre o Proxecto ESTALMAT-Galicia (documento pendiente de actualización)
Presentación básica do Proxecto ESTALMAT-Galicia
Presentación Powerpoint do Proxecto ESTALMAT-Galicia
Memoria de Actividades do Proxecto ESTALMAT-Galicia do ano 2020
Agradecemos o seu interese e respostaremos as dúbidas que lle poidan xurdir sobre o programa se nos envía un correo coas mesmas á dirección electrónica
Inscrición:
- Datas de inscrición: do 6 de maio ao 1 de xuño de 2021, ambos inclusive. Excepcionalmente poderán terse en conta solicitudes posteriores a esa data.
- Procedemento: É necesario por cuestións organizativas da proba cumprimentar o FORMULARIO DE INSCRICIÓN (rematou o prazo). No lugar correspondente do formulario, pode incluírse o nome dun profesor ou profesora que avale o interese e aptitude do estudante polas matemáticas. Isto é opcional, e non afecta nin condiciona a avaliación.
Proceso de selección.
Constará de dúas fases:
- Proba de aptitude. Terá lugar o sábado 12 de xuño, ás 10 horas, nunha das seis sedes que se indicarán, situadas nas cidades de Santiago, A Coruña, Pontevedra, Lugo, Ourense e Vigo. Consistirá na resolución de varios problemas.
- Entrevista persoal. Unha vez corrixidas as probas, levarase a cabo unha entrevista individual coas nenas e nenos preseleccionados na proba de aptitude, acompañados da súa nai, pai ou titores, que previamente serán avisados persoalmente. Está encamiñada a avaliar o interese e o grao do compromiso co proxecto.
As listas provisional e definitiva dos estudantes seleccionados faranse públicas en http://www.estalmatgalicia.com
Programa de Actividades:
Os estudantes seleccionados comprométense a asistir ao longo dos cursos académicos 2021-22 e 2022-23, 20 sesións cada curso, ás actividades formativas que se programen nas mañás dos sábados (normalmente 20 sábados cada curso) e, con carácter voluntario, continuar no ano 2023-24 nas actividades de Estalmat-Pi ou 3º curso (ao redor de 15 sesións anuais). Normalmente as actividade son na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.
Desprazamento: Os pais e nais dos estudantes seleccionados deberán adquirir o compromiso de levalos e recollelos ao lugar onde se realicen as sesións formativas e actividades que, agás excepcións, é a Facultade de Matemáticas en Santiago de Compostela.