Skip to main content

Convocatoria ESTALMAT-Galicia 2024

Información.

Esta convocatoria de Estalmat está dirixida aos estudantes nacidos nos anos 2011 ou 2012.

No seguinte enlace pode atopar unha presentación sobre o Proxecto ESTALMAT-Galicia:
Presentación Powerpoint do Proxecto ESTALMAT-Galicia

Vídeo de presentación do Proxecto ESTALMAT-Galicia

Instrucións para o día da proba

Agradecemos o seu interese e respostaremos as dúbidas que lle poidan xurdir sobre o programa se nos envía un correo coas mesmas á dirección electrónica Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Inscrición:

  1. Datas de inscrición: do 6 ao 27 de maio de 2024, ambos inclusive. Excepcionalmente poderán terse en conta solicitudes posteriores a esa data.
  2. Procedemento: É necesario por cuestións organizativas da proba cumprimentar o FORMULARIO DE INSCRICIÓN (XA REMATOU O PRAZO).

Proceso de selección.

Constará de dúas fases:

1. Proba de aptitude. Consistirá na resolución de varios problemas. Terá lugar o sábado 1 de xuño, ás 10 horas, en cada nunha das catro sedes, situadas nas cidades de Santiago, Lugo, Ourense e Vigo:

      Unha vez corrixidas as probas, publicarase unha lista provisional con 25 estudantes preseleccionados/as e unha lista de agarda con 25 estudantes as dúas listas por orde alfabética.

2. Entrevista persoal. Posteriormente, levarase a cabo unha entrevista individual coas nenas e nenos preseleccionados na proba de aptitude, acompañados da súa nai, pai ou titores, que previamente serán avisados persoalmente. Está encamiñada a avaliar o interese e o grao do compromiso co proxecto. 

Programa de Actividades:

Os estudantes seleccionados comprométense a asistir ao longo dos cursos académicos  2024-25 e 2025-26, 20 sesións cada curso, ás  actividades formativas que se programen nas mañás dos sábados (normalmente 20 sábados cada curso)  e, con carácter voluntario, continuar no ano 2026-27 nas actividades de Estalmat-Pi ou 3º curso (ao redor de 15 sesións anuais). Normalmente as actividade son na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.

Desprazamento: Os pais e nais dos estudantes seleccionados deberán adquirir o compromiso de levalos e recollelos ao lugar onde se realicen as sesións formativas e actividades que, agás excepcións, é a Facultade de Matemáticas en Santiago de Compostela.

Proxecto ESTALMAT-GALICIA - Facultade de Matemáticas - Universidade de Santiago de Compostela
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n - 15782 Santiago de Compostela - Tel. 881.813.188 – 881.813.219 – Fax. 881.813.197 
Correo electrónico:Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. - http://www.estalmatgalicia.com