Convocatoria ESTALMAT-Galicia 2012
A Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales, en colaboración coa Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, presenta a Convocatoria 2012 do Proxecto “ESTALMAT- Galicia” para a detección e estímulo do talento en Matemáticas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. O Proxecto ESTALMAT-Galicia, integrado no Proxecto ESTALMAT-España, conta co aval científico da Real Academia Española de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales e co apoio económico da Consellería de Educación, da Fundación Vodafone-España, do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), das Deputacións da Coruña e Lugo e do Concello de Guitiriz.
Obxectivo: Fomentar a afección e a habilidade especial en Matemáticas en nenos e nenas de Galicia, nacidos en 1999 ou 2000.
Proceso de selección: Constará de tres fases:
1. Proba de aptitude. Terá lugar o sábado 2 de xuño de 2012, ás 10 horas, na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. Consistirá na resolución dunha colección de problemas.
2. Entrevista persoal. Unha vez corrixidas as probas, levarase a cabo unha entrevista cos 25 nenos e nenas preseleccionados e con seus pais ou titores, que previamente serán avisados persoalmente, encamiñadas a avaliar o interese e o grao de compromiso co proxecto.
A lista definitiva dos estudantes seleccionados farase pública nesta páxina web.
Programa de Actividades: Ao longo dos cursos académicos 2012-13 e 2013-14 desenvolveranse as seguintes actividades formativas cos estudantes seleccionados:
1. Campamento matemático ao comezo do curso 2012-13.
2. Sesións de formación matemática: tres horas á semana durante as mañás dos sábados (20 sesións). Impartiranse na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. As clases non queren adiantar contidos matemáticos do seu currículo escolar, senón, pola contra, desenvolver aspectos que habitualmente quedan fora das actuais programacións de matemáticas de secundaria e que se consideran unha parte esencial da actividade matemática máis xenuína.
3. Con carácter voluntario os alumnos poden continuar nos anos 2014-15 e 2015-16 nas actividades de Estalmat Pi (6 sesións anuais).
Desprazamento: Os pais e nais dos estudantes seleccionados deberán adquirir o compromiso de levalos e recollelos ao lugar onde se realicen as clases e actividades.
Inscrición: É necesario cumprimentar o formulario ao que se accede no enlace que aparece ao inicio desta páxina, antes das 24 horas do 29 de maio de 2012. No lugar correspondente, opcionalmente, pode incluírse o nome dun profesor ou profesora que avale o interese e aptitude do estudante polas matemáticas.
A Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela presenta a Convocatoria 2010 do Proxecto “ESTALMAT- Galicia” para a detección e estímulo do talento en Matemáticas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. O Proxecto ESTALMAT-Galicia, integrado no Proxecto ESTALMAT-España, conta co aval científico da Real Academia Española de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales e co apoio económico da Fundación Vodafone-España, das Deputacións da Coruña e Lugo, do Proxecto I-MATH Ingenio-Mathematica e do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC).
Obxectivo: Fomentar a afección e a habilidade especial en Matemáticas en nenos e nenas de Galicia, nacidos en 1997 ou 1998.
Proceso de selección:Constará de tres fases:
1. Proba de aptitude. Terá lugar o sábado 5 de xuño de 2010, ás 10 horas, na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. Consistirá na resolución dunha colección de problemas.
2. Test psicométrico. Terá lugar o mesmo sábado 5 de xuño, ás 13:00 horas, na mesma Facultade de Matemáticas.
3. Entrevista persoal. Unha vez corrixidas as probas, levarase a cabo unha entrevista cos nenos e nenas preseleccionados e con seus pais ou titores, que previamente serán avisados persoalmente, encamiñadas a avaliar o interese e o grao de compromiso co proxecto.
A lista definitiva dos estudantes seleccionados farase pública na páxina web do proxecto: http://www.estalmatgalicia.com
Programa de Actividades: Ao longo dos cursos académicos 2010-11 e 2011-12 desenvolveranse as seguintes actividades formativas cos estudantes seleccionados:
1. Campamento matemático ao comezo do curso 2010-11.
2. Sesións de formación matemática: tres horas á semana durante as mañás dos sábados (entre 22 e 23 sesións). Impartiranse na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. As clases non queren adiantar contidos matemáticos do seu currículo escolar, senón, pola contra, desenvolver aspectos que habitualmente quedan fora das actuais programacións de matemáticas de secundaria e que se consideran unha parte esencial da actividade matemática máis xenuína.
3. Outras actividades: conferencias, xornadas virtuais conxuntas con Proxectos ESTALMAT doutras comunidades autónomas, concursos matemáticos, etc.
Desprazamento: Os pais e nais dos estudantes seleccionados deberán adquirir o compromiso de levalos e recollelos ao lugar onde se realicen as clases e actividades. O Comité Organizador xestiona a posibilidade de bolsas de axudas para os desprazamentos.
Inscrición: É necesario cumprimentar o formulario adxunto, preferiblemente na páxina web do proxecto ESTALMAT-Galicia (http://www.estalmatgalicia.com), antes do 30 de maio de 2010. No lugar correspondente, opcionalmente, pode incluírse o nome dun profesor ou profesora que avale o interese e aptitude do estudante polas matemáticas.