Convocatoria ESTALMAT-Galicia 2022
Información.
Esta convocatoria de Estalmat está dirixida aos estudantes nacidos nos anos 2008, 2009 ou 2010.
No seguinte enlace pode atopar unha presentación sobre o Proxecto ESTALMAT-Galicia:
Presentación Powerpoint do Proxecto ESTALMAT-Galicia
Agradecemos o seu interese e respostaremos as dúbidas que lle poidan xurdir sobre o programa se nos envía un correo coas mesmas á dirección electrónica
Inscrición:
- Datas de inscrición: do 6 ao 30 de maio de 2022, ambos inclusive. Excepcionalmente poderán terse en conta solicitudes posteriores a esa data.
- Procedemento: É necesario por cuestións organizativas da proba cumprimentar o FORMULARIO DE INSCRICIÓN (rematou o prazo de inscrición).
Proceso de selección.
Constará de dúas fases:
1. Proba de aptitude. Consistirá na resolución de varios problemas. Terá lugar o sábado 4 de xuño, ás 10 horas, en cada nunha das cinco sedes, situadas nas cidades de Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo:
- IES Eduardo Blanco Amor: Rúa Vicente Risco 13 - 32001- Ourense
- IES Castelao : Rúa Aragón, 22 36.206 Vigo (Pontevedra)
- Facultade de Formación do Profesorado (USC) : Avda. de Ramón Ferreiro, s/n, 27002 Lugo
- IES Eduardo Blanco Amor: Rúa Cordeda S/N - 15174 Culleredo - A Coruña
- Facultade de Matemáticas (USC): Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15782, Santiago de Compostela
2. Entrevista persoal. Unha vez corrixidas as probas, levarase a cabo unha entrevista individual coas nenas e nenos preseleccionados na proba de aptitude, acompañados da súa nai, pai ou titores, que previamente serán avisados persoalmente. Está encamiñada a avaliar o interese e o grao do compromiso co proxecto.
As listas provisional e definitiva dos estudantes seleccionados faranse públicas en http://www.estalmatgalicia.com
Programa de Actividades:
Os estudantes seleccionados comprométense a asistir ao longo dos cursos académicos 2022-23 e 2023-24, 20 sesións cada curso, ás actividades formativas que se programen nas mañás dos sábados (normalmente 20 sábados cada curso) e, con carácter voluntario, continuar no ano 2024-25 nas actividades de Estalmat-Pi ou 3º curso (ao redor de 15 sesións anuais). Normalmente as actividade son na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.
Desprazamento: Os pais e nais dos estudantes seleccionados deberán adquirir o compromiso de levalos e recollelos ao lugar onde se realicen as sesións formativas e actividades que, agás excepcións, é a Facultade de Matemáticas en Santiago de Compostela.