Matemáticas ao Sprint 2010
18 de decembro de 2010 (fotos)
O sábado 18 de decembro, teremos para 1º e 2º curso a actividade "Matemáticas ao Sprint". A hora de comezo é ás 10:00 h e o remate da sesión será sobre as 13:30 h.
Participación dende casa dos estudantes de ESTALMAT PI:
Estimados alumnos e alumnas estalmateiros 3’141592…, se vos lembrades era por estas datas cando participávades dunha das actividades estrela: MATEMÁTICAS AO SPRINT. Para aqueles que vos guste resolver problemas e que teñades nostalxia polos vellos tempos onde competíades cos ESTALMAT do resto de España resolvendo problemas encadeados, este ano tedes a posibilidade de participar desde as vosas casas.
Se queredes participar mandádeme un correo confirmando a vosa intención de resolver problemas o vindeiro sábado día 18 de decembro desde as 11 horas que comeza a proba ata as 13 horas en que remata, a volta de correo daríamosvos as instruccións para participar.
O meu correo é
¡Ánimo e apuntaivos!.
Como cabe a posibilidade de que non estén actualizadas as direccións web de todos vos, ¡por favor!
¡¡¡¡PÁSADEO!!!!
(aos vosos compañeiros estalmateiros 3’141592…)