Skip to main content

Matemáticas ao Sprint 2010

18 de decembro de 2010 (fotos)

O sábado 18 de decembro, teremos para 1º e 2º curso a actividade "Matemáticas ao Sprint". A hora de comezo é ás 10:00 h e o remate da sesión será sobre as 13:30 h.

Participación dende casa dos estudantes de ESTALMAT PI:

   Estimados alumnos e alumnas estalmateiros 3’141592…, se vos lembrades era por estas datas cando participávades dunha das actividades estrela: MATEMÁTICAS AO SPRINT. Para aqueles que vos guste resolver problemas e que teñades nostalxia polos vellos tempos onde competíades cos ESTALMAT do resto de España resolvendo problemas encadeados, este ano tedes a posibilidade de  participar desde as vosas casas.

  Se queredes participar mandádeme un correo confirmando a vosa intención de resolver problemas o vindeiro sábado día 18 de decembro desde as 11 horas que comeza a proba ata as 13 horas en que remata, a volta de correo daríamosvos as instruccións para participar.

   O meu correo é Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e a través del poderedes estar en contacto (case en tempo real) cos profesores, que estaremos na Facultade seguindo a proba cos vosos compañeiros de 1º e 2º ano, e así axudarvos en dúbidas ou outras  consultas que queirades facernos.

¡Ánimo e apuntaivos!.

 

Como cabe a posibilidade de que  non estén actualizadas as direccións web de todos vos, ¡por favor!

 

¡¡¡¡PÁSADEO!!!!

 

(aos vosos compañeiros estalmateiros 3’141592…)

Proxecto ESTALMAT-GALICIA - Facultade de Matemáticas - Universidade de Santiago de Compostela
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n - 15782 Santiago de Compostela - Tel. 881.813.188 – 881.813.219 – Fax. 881.813.197 
Correo electrónico:Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. - http://www.estalmatgalicia.com