Novidades do 3º curso ESTALMAT

 

Reunión coas familias

O sábado día 28 de outubro teremos a primeira sesión coas familias deste curso 2017-18, prevista inicialmente para o 21 de outubro.

Dará comezo ás 10:35 horas, no Salón de Graos da Facultade de Matemáticas, unha vez que o alumnado de Estalmat entre nas aulas.

A sesión terá dúas partes

1. Presentación de AGAES (Asociación Galega de Amigos de Estalmat Galicia)

2. Charla a cargo de EMMA MAYO, psicóloga: “Ensíname a equivocarme!”

Esta actividade ten carácter voluntario e non é necesario escusar a asistencia. Poden asistir outros familiares acompañantes do alumnado Estalmat.

Esperamos que sexa do voso interese.

 

Calendario de actividades para o curso 2017-18.

Alumnos de 1º curso

Nova data inicio curso: 18 de setembro