Skip to main content

Convocatoria ESTALMAT-Galicia 2026

 

A convocatoria de ESTALMAT-Galicia 2026 está dirixida aos estudantes nacidos nos anos 2013 e 2014.

Inscrición:

1. Datas de inscrición: do 12 ao 25 de maio de 2026, ambos inclusive. Excepcionalmente poderán terse en conta solicitudes posteriores a esa data.

2. Procedemento: É necesario por cuestións organizativas da proba cumprimentar o FORMULARIO DE INSCRICIÓN (que está dispoñible até o 25 de maio no menú Curso 2026/27). Este ano queremos deixar constancia e analizar a presenza do interese polas Matemáticas nas diferentes localidades de Galicia, polo que empregamos a ferramenta EMAPIC, co fin de elaborar un análise xeográfico dos participantes. Pedirémosche no formulario de inscrición a localización nun mapa do domicilio da nai, pai ou titor/a do menor. Esta localización só se empregará para ter unha referencia xeográfica dos participantes e non será compartida ou publicada de ningún modo. Precisamos que aceptes tamén as normas de protección de datos tanto de EMAPIC como da USC.

3. O correo de confirmación non sae de forma automática unha vez cuberto o formulario, enviarémolos antes da proba, ao correo facilitado da persoa de contacto (pai, nai, titor ou titora). Lembramos que para presentarse a proba non se precisa de ningún documento da inscrición. Nós precisamos os datos de contacto para saber a quen dirixirnos, se fose preciso, durante a proba.

Proceso de selección.

Constará de dúas fases:

1. Proba de aptitude. Consistirá na resolución de varios problemas. Terá lugar o sábado 30 de maio, ás 10 horas na Facultade de Matemáticas da USC, Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15782, Santiago de Compostela.

Unha vez corrixidas as probas, publicarase unha lista provisional con 25 estudantes preseleccionados/as e unha lista de agarda con 25 estudantes, as dúas listas por orde alfabética.

2. Entrevista persoal. Posteriormente, levarase a cabo unha entrevista individual coas nenas e nenos preseleccionados na proba de aptitude, acompañados da súa nai, pai ou titores, que previamente serán avisados persoalmente. Está encamiñada a avaliar o interese e o grao do compromiso co proxecto.

Programa de Actividades:

Os estudantes seleccionados comprométense a asistir ao longo dos cursos académicos 2026-27 e 2027-28, ás actividades formativas que se programen nas mañás dos sábados (normalmente 20 sábados cada curso) e, con carácter voluntario, continuar no ano 2027-28 nas actividades de Estalmat-Pi ou 3º curso (ao redor de 15 sesións anuais). Normalmente as actividade son na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.

Desprazamento: Os pais e/ou nais dos estudantes seleccionados deberán adquirir o compromiso de levalos e recollelos ao lugar onde se realicen as sesións formativas e actividades que, agás excepcións, é a Facultade de Matemáticas en Santiago de Compostela.

Agradecemos o seu interese e aclararemos as dúbidas que lle poidan xurdir sobre o programa se nos envía un correo coas mesmas á dirección electrónica Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

barra2025
Proxecto ESTALMAT-GALICIA - Facultade de Matemáticas - Universidade de Santiago de Compostela
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n - 15782 Santiago de Compostela - Tel. 881.813.188 – 881.813.219 – Fax. 881.813.197 
Correo electrónico:Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. - http://www.estalmatgalicia.com