Convocatoria ESTALMAT-Galicia 2020

 

Información.

Esta convocatoria de Estalmat está dirixida aos estudantes nacidos nos anos 2007 ou 2008.

Nos seguintes enlaces pode atopar amplia información sobre o Proxecto ESTALMAT-Galicia (orixe e historia, obxectivos, actividades, organización, proba de selección, patrocinadores, profesorado, etc):
Preguntas e respostas frecuentes sobre o Proxecto ESTALMAT-Galicia
Presentación Powerpoint do Proxecto ESTALMAT-Galicia
Agradecemos o seu interese e respostaremos as dúbidas que lle poidan xurdir sobre o programa se nos envía un correo coas mesmas á dirección electrónica Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Inscrición:

  1. Datas de inscrición: do 10 de maio ao 20 de xuño de 2020, ambos inclusive. Excepcionalmente poderán terse en conta solicitudes posteriores a esa data e mesmo poderá abrirse un período complementario nos días anteriores á celebración da proba..
  2. Procedemento: É necesario por cuestións organizativas da proba cumprimentar o FORMULARIO DE INSCRICIÓN No lugar correspondente do formulario, pode incluírse o nome dun profesor ou profesora que avale o interese e aptitude do estudante polas matemáticas. Esta posibilidade é opcional, e non afecta nin condiciona a avaliación.

Proceso de selección. Constará de dúas fases:

  1. Proba de aptitude. Consistirá na resolución de varios problemas. Con motivo do estado de alarma e da situación de indefinición sobre o avance da crise sanitaria, non é posible realizar o proceso de selección nas datas habituais (comezos de xuño) e, lamentablemente, a día de hoxe, é difícil prever unha data concreta. A nosa intención de acordo co Comité de Coordinación Nacional de ESTALMAT-España é realizala unha vez iniciado o curso 2020-21. A data así como calquera outra novidade será anunciada con antelación na nosa páxina web: http://www.estalmatgalicia.com.
  2. Entrevista persoal. Unha vez corrixidas as probas, levarase a cabo unha entrevista cos 25 nenos e nenas preseleccionados na proba de actitude, acompañados de seus pais, nais ou titores, que previamente serán avisados persoalmente. Está encamiñada a avaliar o interese e o grao do compromiso co proxecto.

As listas provisional e definitiva dos estudantes seleccionados faranse públicas en http://www.estalmatgalicia.com

Programa de Actividades:

Os estudantes seleccionados comprométense a asistir ao longo dos cursos académicos 2020-21 e 2021-22, 20 sesións cada curso, as actividades formativas que se programen nas mañás dos sábados (normalmente 20 sábados cada curso) e, con carácter voluntario, continuar no ano 2022-23 nas actividades de Estalmat-Pi ou 3º curso (ao redor de 15 sesións anuais). Normalmente as actividade son na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.

Desprazamento: Os pais e nais dos estudantes seleccionados deberán adquirir o compromiso de levalos e recollelos ao lugar onde se realicen as sesións formativas e actividades que, agás excepcións, é a Facultade de Matemáticas en Santiago de Compostela.