Aviso sobre Matemáticas ao Esprint

A todo o alumnado das promocións 9ª (2015) e 10ª (2016):

O vindeiro sábado día 14 de decembro de 2019, terá lugar na Facultade de Matemáticas unha nova sesión de Matemáticas ao Esprint (Grupo de Veteranos) na que poderán participar un máximo de 25 alumnos de calquera das promocións 2015 (9ª) e 2016 (10ª).
A organización desta actividade está a cargo da Profesora Elena Vázquez Cendón (Responsable de Egresados de ESTALMAT-Galicia) e de Fernando Castro Prado (representante de egresados no Comité Organizador de ESTALMAT-Galicia).

Precisamos que cubrades os vosos datos neste enlace.

Hai un máximo de 30 prazas polo que empregaremos a orde de entrada para asignalas, si se superan esas prazas.

Para ser eficientes coa planificación, como é o sábado 14 de decembro de 10:30 a 13:30, por favor cubrídeo antes do luns 9 de decembro.

A proba é semellante ás edicións que coñecedes, só os problemas son diferentes que os que terán que resolver os estudantes de primeiro e de segundo de Estalmat-Galicia.

Confirmaremos por correo electrónico os nomes das persoas seleccionadas e o publicaremos na web de Estalmat-Galicia. Non deberiades de ter dúbidas, pero de ter algunha enviade un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. non ao correo de Estalmat-Galicia.

Moitas grazas polo voso interese e colaboración.

Fernando Castro e Elena Vázquez Cendón