Estalmat Pi

Dentro dos Proxectos ESTALMAT chámase co nome ESTALMAT PI o conxunto de actividades que se lle ofrecen aos estudantes que rematan os dous primeiros anos de ESTALMAT, para que non perdan o contacto e a afección polas matemáticas que levan dentro. En Calicia, o ESTALMAT PI  abrangue  tamén 2 cursos (o que chamamos 3º e 4º).

Os obxectivos académicos teñen como finalidade completar os acadados nos dous primeiros cursos, sendo algúns de tipo social ou científico, de longo alcance e a longo prazo, e outros máis próximos ao desenvolvemento do mesmo. Céntranse nunha visión máis global da aprendizaxe para conseguir estimular e apoiar as actitudes positivas e as habilidades especiais cara as Matemáticas.

Durante os cursos 2009/10 e 2011/11 impartíronse  en cada un deles tres sesións conxuntas para os dous cursos 3º e 4º en centros municipais ou universtiarios da provincia de Lugo.  A partir do curso 2011/12, a raíz da entrada da Consellería de Educación como co-patrocinadora no Proxecto ESTALMAT GALICIA,  ampliáronse as sesións de ESTALMAT PI pasando de tres a seis en cada un dos cursos de 3º e 4º . As sesións seguen o  mesmo esquema de funcionamento que nos cursos de 1º e 2º, todas elas impartiranse na Facultade de Matemáticas, agás actividades excepcionais que poden trasladarse a concellos como Guitiriz, Lalín ou Rianxo, tendo especial incidencia a incorporación de  novos profesores da universidade para impartir as sesións de  ESTALMAT PI.

 

NOTA: A partir do curso 2011/12, inclusive, a programación de actividade,  memorias, anuncios  e toda a información relativa a ESTALMAT PI  figura conxuntamente co resto da programación e información  de ESTALMAT-Galicia, e pode verse na pestana do curso correspondente.

Cuarta sesión de ESTALMAT PI. O sábado, 29 de maio, en Lugo: "A indución na resolución de problemas", Felipe Gago. Programa. Nota de prensa