Estalmat Pi - Curso 2010/11

 Nesta nova andaina á que se incorporan os alumnos da 2ª promoción teremos, como no anterior, tres sesións correspondentes a ESTALMAT PI. O lugar de realización das mesmas, exceptuando a segunda, será en Guitiriz, onde o Concello, a través da súa Alcaldesa, Regina Polín,  facilitounos a posibilidade de utilizar as modernas instalacións das que dispón, un acolledor salón de actos na Casa Habanera e unha completa aula de informática, no Telecentro, colindante con ela.

 A segunda sesión será impartida polo profesor José A. Docobo nas instalacións do Museo Ramón Mª Aller de Lalín, que tamén pon as súas instalacións a disposición do Proxecto ESTALMAT-Galicia.

 Temos que destacar o apoio que a Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, a través do seu titular, Xosé Antón Bao,  segue a prestar ao Proxecto ESTALMAT PI, asumindo o seu financiamento, sen o que sería imposible que o Proxecto seguira adiante.

Calendario de sesións para o curso 2010-11

22 xaneiro 2011

(nota de prensa)
Guitiriz-Casa Habanera
(Actividades para as familias)

José María Barja Pérez
(breve currículum)

“Matemática dos códigos cotiás”  (resumo, problemas)

Programa da sesión académica
Ver fotos
A noticia na prensa: 1, 2, 3. (texto: 1, 2, 3)
(Ver materiais no menú de Estalmat Pi)

19 febreiro 2011

Lalín-Museo Ramón Mª Aller

José A. Docobo Durántez
(breve currículum)

“Matemáticas e Astronomía, amigas íntimas”.
Programa da sesión académica
Ver fotos
A noticia na prensa: 1, 2. (texto: 1, 2, 3)

2 de abril de 2011

(nota de prensa)
Guitiriz-Casa Habanera
(Actividades para as familias)

Felipe Gago Couso

“Do xeral ao particular na resolución de problemas: unha viaxe de ida e volta"
A noticia na prensa

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 RELATORES

 D. José María Barja Pérez. Matemático.

  • Catedrático de Álxebra da Facultade de Informática da Coruña.
  • Reitor da Universidade da Coruña.

 D. José A. Docobo Durántez. Matemático.

  • Director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da  Universidade de  Santiago de Compostela.
  • Presidente da Comisión de Estrelas Dobres e Múltiples da Unión  Astronómica  Internacional (2009-2012).

 D. Felipe Gago Couso. Matemático.

  • Membro da Comisión de Olimpiadas da Real Sociedad Matemática Española.
  • Coordinador da Olimpíada Matemática Española en Galicia e preparador do Equipo Olímpico Galego dende 1999.

INFORMACIÓN XERAL

  • As sesións serán conxuntas para os cursos 3º e 4º correspondentes a 1ª e 2ª promoción de ESTALMAT.
  • Para seguir as sesións é necesario ir provistos de material para escribir e calculadoras.
  • Prégase a confirmación da asistencia nos días anteriores no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Máis información relacionada:

 

Cuarta sesión de ESTALMAT PI. O sábado, 29 de maio, en Lugo: "A indución na resolución de problemas", Felipe Gago. Programa. Nota de prensa