Discursos 08/09

Sesión de Clausura do curso 2008-09 de ESTALMAT-Galicia

Discursos dos estudantes e dos pais na despedida da promoción 2007/2009

Despedida da 1ª promoción de ESTALMAT Galicia (30-05-2009).
ÁGUEDA GAMBÓN CERDÁ

En primer lugar buenos días a todos, AguedaGambon
Hace quince días me ofrecí voluntaria para hablaros sobre estos dos últimos años… unos años que cambiaron mi forma de ver las matemáticas…
Después de tantos sábados madrugando para desplazarnos hasta esta facultad de matemáticas, he sacado mi primera opinión, obvia pero positiva: hemos dedicado este tiempo a estas clases de matemáticas, en lugar de dormir, que es lo que habríamos hecho la mayoría.  
Antes de empezar el curso, mi hermano me decía que más le parecía un castigo que un premio el recibir tantas clases, pero quiero decir a los profesores, la organización y demás personas involucradas, que solamente el habernos seleccionado por nuestras aptitudes nos ha dado un reconocimiento social y familiar, además de un gran orgullo propio y esperamos que sea positivo para abrir camino en nuestros estudios.
Siendo hoy el último día de esta aventura quisiera recapitular todo lo que hemos vivido durante estos dos años:
Mis mejores recuerdos son acercándome a los primeros días: la emoción de conocer a mis futuros compañeros; la inauguración, donde conocí a todo el equipo de Estalmat. El campamento sin duda fue una experiencia única donde, además de las divertidas actividades, conocí a mis amigas con las cuales tengo una gran amistad que espero que perdure indefinidamente.
Recuerdo clases muy buenas, en las cuales disfrute y entendí cosas que me dieron ganas de seguir aprendiendo de ese campo, y otras que fueron un poco duras, pero como todo en la vida, vamos eso creo. Con el paso de las clases empecé a ver las matemáticas, no como una asignatura más de la ESO, sino como la base que todo que nos rodea
Los profesores, en mi opinión, nos han ayudado a ver las cosas desde otro ángulo y aprender que todo tiene una solución. Además de hacernos creer en el infinito y en cosas imposibles, nos han introducido en las matemáticas de una forma divertida y especial.
Para acabar, y siendo éste el último día, quiero decir que me entristece el hecho de que pueda perder las relaciones personales que hemos conformado en estos años con los profesores y compañeros.
A todos los compañeros con los cuales he convivido quería decirles que espero que algún día nos volvamos a ver; quien sabe: en la calle, la playa…, o quizás, dentro de unos años, en esta misma facultad.

Águeda Gambón Cerdá
Caldas de Reis (Pontevedra)


Despedida da 1ª promoción de ESTALMAT Galicia (30-05-2009).
ALBERTO RAMA FERNÁNDEZ

En primeiro lugar, gustaríame dicir que estou moi AlbertoRamacontento por estar falando neste acto en representación dos meus compañeiros.
Hai dous anos todos estabamos moi contentos cando recibíamos a nova de que éramos un dos vintecinco seleccionados, e entón , comezámonos a preguntar: ¿Qué é esto de Estalmat?. ¿Que vamos facer alí?.¿Que nos une a todos os que participamos nesta experiencia?. ¿Porque cada sábado durante dous anos asistiremos á facultade de Matemáticas e non participaremos das competicións deportivas como en anos anteriores?. ¿Porqué algúns de nós madrugarán e recorrerán quilómetros para asistir a este programa ?. A resposta é sinxela: O NOSO GUSTO POLAS MATEMÁTICAS.
Todos nós, ou polo menos a maioría, imaxinábase resolvendo ecuacións, problemas ou aplicando longas fórmulas, pero ao chegar o primeiro día, démonos conta de que estabamos equivocados. As ecuacións pasaron a ser figuras feitas de papel, os problemas os resolvíamos en grupos, e as fórmulas quedaban convertidas en trucos de maxia. Aprendemos que as matemáticas non eran só números e incógnitas, nin áreas ou triángulos. Víamos matemáticas onde antes non se nos ocorría pensar que estiveran: dobrabas un papel, matemáticas, tirabas un dado, matemáticas. Ata nos libros e nas películas podíanse atopar as matemáticas.
Durante estes dous anos só temos gratos recordos:

  1. O campamento no albergue de Gandarío
  2. O marabilloso almorzo de neuronas que recibiamos cada sábado a media mañá a base de Coca-colas, donuts,etc, etc...
  3. A competición matemática ao sprint.
  4. -As achegas do equipo docente, e a metodoloxía empregada.
  5. E un longo ecétera,.....

Cando rematamos o primeiro ano moi contentos desexabamos que o seguinte curso comezara e que fora igual de divertido que o anterior.
Hoxe, xa cando remataron os dous anos do programa podemos afirmar que foi unha experiencia moi enriquecedora, onde non só cultivamos coñecementos matemáticos senón que tamén establecemos moi boas relacións entre os compañeiros e unha grata relación alumno-profesor.
Aprendemos tamén que as matemáticas podían ser un obxecto de diversión e convivencia para un grupo de estudiantes.
E para concluír, si nos pedisen resumir en 3 palabras a experiencia, non dubidamos: VALEU A PENA.
Agora, tócanos xa despedir, e dende aquí queremos desexar aos rapaces do primeiro curso e aos que se van presentar ás probas este ano que teñan moita sorte.
Gustariamos tamén dar as gracias a todo o equipo docente, ao comité organizador e a todas as persoas que conseguiron que nós estivesemos aquí nesta 1ª promoción de Estalmat e que aprenderamos que as matemáticas non son como case todo o mundo pensa.
Ata logo e moitas gracias.


Despedida da 1ª promoción de ESTALMAT Galicia (30-05-2009).
SABELA NÚÑEZ

Bo día.

Cando aceptei a proposta de achegarme hoxe a este micrófono para SabelaNunezdicir unhas palabras representando ás nais de Estalmat, xa me pareceu que non ía ser doado…

Pensei en dicir só GRAZAS, un grazas alto e forte pronunciado con sentimento e de corazón pero pareceume que, aínda que intenso, se cadra era excesivamente breve.

Entón seguín a darlle voltas ó asunto cavilando tamén na vosa simpatía polas matemáticas e foi así, dándolle voltas e reviravoltas, facendo xiros, traslacións e homotecias como cheguei á formulación –e demostración- dun teorema ata agora inédito e que paso a compartir con vós.

Nomearémolo, como non podía ser doutro xeito, teorema de Estalmat.

TEOREMA

Sexan vinte e cinco puntos no espazo tridimensional galego non equidistantes deste sistema de referencia cartesiano con orixe de coordenadas na Facultade de Matemáticas.

Sexa outro conxunto numerable de elementos, desta vez tomados de dous en dous formando pares –ás veces parellas- e dispostos a aplicar un crecemento expoñencial á ilusión, interese e talento dos puntos anteriormente definidos.

Sexa tamén a terna composta polos elementos (P (patrocinadores), Co (comité organizador), F (familias)) aquí representados graficamente.

Este teorema afirma a existencia dun elevado grao de satisfacción, con tendencia a +∞, por parte das familias con respecto ó desenvolvemento do Proxecto Estalmat.
Demostración

Non foi complicado atopar a demostración deste teorema, é trivial e conséguese aplicando o método de redución ó absurdo.

Supoñamos, por un momento, a non existencia dese alto grao de satisfacción, ou ben a súa tendencia a -∞. Nese caso:

1.- Os vinte e cinco puntos que figuran no enunciado do teorema estarían agora mesmo dispersos cun coeficiente de correlación próximo a cero.

2.- Os elementos do conxunto docente que hoxe converxen neste paralelepípedo experimentarían unha considerable diverxencia con respecto a este punto.

3.- Os representantes das organizacións patrocinadoras e demais membros da mesa ocuparían outro lugar no espazo, situaríanse noutras coordenadas probablemente moi distantes deste lugar xeométrico común.

4.- As familias aquí presentes estariamos desenvolvendo outras función probablemente descontinuas e definidas a anacos deste xeito:
- se h<9:30 atoparíamonos en posición paralela ó eixe de abscisas a modo de asíntotas horizontais.
- se h≥9:30 adoptariamos posición vertical e asemellaríamonos a un conxunto finito de rectas con ecuación x=k.

Resulta trivial ver que ningún destes supostos se verifica, senón que nos atopamos aquí reunidos e agradecendo:

  1. Ós patrocinadores a aposta que fan por Estalmat Galicia, a súa colaboración económica que é demostración dun alto nivel de confianza () no Proxecto.
  2. Ó equipo docente que soubo optimizar resultados, chegando a obter entre o alumnado un éxito directamente proporcional á súa ilusión e implicación nas sesións impartidas.
  3. Ós principais protagonistas deste acto, ós vinte e cinco elementos con denominador común que manifestaron un interese constante e continuo, se houbo algunhas pequenas descontinuidades estou segura de que foron inevitables.
  4. E ó comité organizador son infinitas as pequenas e grandes cousas que debería enumerar, quédome con dúas unha vez consensuadas con algúns dos pais e nais aquí presentes:

1.- A súa cercanía e a preocupación amosada desde o primeiro momento polos nosos fillos e fillas demostrando unha profesionalidade que vai moito máis alá do estritamente matemático, xa que sempre deixaron ver unha alta porcentaxe de compoñente humano na súa maneira de actuar.
2.- A oportunidade que nos deron de compartir horas en exclusiva cos nosos fillos, facer –nalgún caso- máis de dez mil quilómetros xuntos produce, sen dúbida, importantes beneficios para a relación materno ou paterno-filial.

Ben, tras estas palabras de agradecemento, considero probado que aquelo que supoñiamos como non certo lévanos a unha clara contradición, a un absurdo, o cal serve para dar por demostrado o teorema e con el a existencia dese elevado grao de satisfacción pola nosa parte.

E non podo rematar aquí xa que nalgunha ocasión escoitei, ou lin, que para que un teorema adquira relevancia é condición necesaria e suficiente que del se deduza cando menos un corolario. Ocórreseme un inmediato co que rematar e que afirma o seguinte:

Corolario

“É posible, aplicando o coñecido método de substitución, reemplazar as palabras que ata hoxe daban lugar ó acrónimo ESTALMAT polas seguintes:

E ------ Entusiasmo
S ------ Sensibilidade
T ------ Traballo
A ------ Aprendizaxe
L ------ Logro
M ------ Matemáticas
A ------ Agradecemento
T ------ Todas/os”

Para todos entón os meus parabéns e mellores desexos, en especial para eles, a primeira promoción Estalmat Galicia.

Grazas.