Clausura 08/09

Sesión de Clausura do curso 2008-09

O sábado, día 30 de maio de 2009, a partir das 10:30 horas na Facultade de Matemáticas, tivo lugar a sesión de clausura do curso 2008/2009 e despedida para os alumnos da primeira promoción de Estalmat-Galicia.

Orde do día:

10:30 - Reunión alumnos, profesores e pais/nais na porta principal da Facultade de Matemáticas e inicio da visita ao supercomputador “Finisterrae” no Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).
12:30 - Entrega de diplomas e palabras de clausura na Aula Magna da Facultade de Matemáticas.
13:30 – Aperitivo de confraternidade na Facultade de Matemáticas
14:00 – Comida de autoridades e profesores no Gran Hotel