Convocatoria ESTALMAT-Galicia 2017

 

Información.

Esta convocatoria de Estalmat está dirixida aos estudantes nacidos nos anos 2004 ou 2005.

As respostas ás preguntas frecuentes poden atoparse en:

http://www.estalmatgalicia.com/images/stories/doc/ESTALMAT-Galicia_preguntas_respostas.pdf

Asemade, disponse dunha presentación do programa que pode axudar a entendelo e compartilo co seu Centro educativo en https://drive.google.com/file/d/0B5r_-RSR5FPfNjd3TzZWOHFKQ28/view

Agradecemos o seu interese e respostaremos as dúbidas que lle poidan xurdir sobre o programa se nos envía un correo coas mesmas á dirección electrónica Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Inscrición:

  1. Datas de inscrición: do 1 ao 26 de maio de 2017, ambos inclusive. Excepcionalmente poderán terse en conta solicitudes posteriores ao 26 de maio.
  2. Procedemento: É necesario por cuestións organizativas da proba cumprimentar o FORMULARIO DE INSCRICIÓN que estará dispoñible nesta páxina web dende o 1 de maio. De non ser posible a inscripción na web, pódese enviar este formulario por correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou por correo postal ao enderezo que se indica en este documento. No lugar correspondente do formulario, pode incluírse o nome dun profesor ou profesora que avale o interese e aptitude do estudante polas matemáticas. Isto é opcional, e non afecta nin condiciona a avaliación.

Proceso de selección.

Constará de dúas fases:

  1. Proba de aptitude. Terá lugar o sábado 3 de xuño, ás 10 horas, na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. Consistirá na resolución de varios problemas.
  2. Entrevista persoal. Unha vez corrixidas as probas, levarase a cabo unha entrevista cos 25 nenos e nenas preseleccionados na proba de actitude e cos seus pais ou titores, que previamente serán avisados persoalmente. Está encamiñada a avaliar o interese e o grao do compromiso co proxecto.

A lista definitiva dos estudantes seleccionados farase pública en http://www.estalmatgalicia.com

Programa de Actividades:

Os estudantes seleccionados comprométense a asistir ao longo dos cursos académicos 2017-18 e 2018-19, 20 sesións cada curso, ás seguintes actividades formativas:

  1. Campamento matemático ao comezo do curso 2017-18.
  2. Sesións de formación matemática: en horario de 10:30 a 14 horas nas mañás dos sábados, con un descanso de 12 a 12:30. Desenvolveranse na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. As sesións formativas non queren adiantar contidos matemáticos do seu currículo escolar. Trátase de desenvolver aspectos que habitualmente quedan fóra das actuais programacións de matemática e que se consideran unha parte esencial da actividade matemática máis xenuína.

Con carácter voluntario os alumnos poden continuar no ano 2019-20 nas actividades de Estalmat Pi ou 3º curso (12 sesións anuais).

Desprazamento: Os pais e nais dos estudantes seleccionados deberán adquirir o compromiso de levalos e recollelos ao lugar onde se realicen as sesións formativas e actividades que, agás excepcións, é a Facultade de Matemáticas en Santiago de Compostela.