Estimadas nais e pais dos estudantes de ESTALMAT-Galicia:

O sábado día 22 de outubro teremos a primeira sesión coas familias prevista no calendario de actividades deste curso 2016-17.

Dará comezo ás 10:35 horas, no Salón de Graos da Facultade de Matemáticas, unha vez que o alumnado de Estalmat entre nas aulas.

Nesta ocasión, tendo en conta que Estalmat Galicia está a cumprir 10 anos, temos preparado unha sesión na que nos visitarán tres estudantes da primeira promoción de Estalmat Galicia que nos contarán a súa experiencia antes, durante e despois do seu paso por Estalmat-Galicia:

Iago Velasco López

de Vigo,  estudante deCiencias Políticas e da Administración

Alicia Seijas Vázquez

de Lugo,  estudante do Grao en Matemáticas

Luis Antonio López Valcárcel

de Santiago, estudante de Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación

Esta actividade ten carácter voluntario e non é necesario escusar a asistencia. Poden asistir outros familiares acompañantes do alumnado Estalmat.

Esperando saudarvos persoalmente recibide un cordial saúdo.

Covandonga Rodríguez-Moldes Rey
Responsable de Relacións coas Familias de Estalmat-Galicia