Convocatoria 2010

Convocatoria ESTALMAT-Galicia 2010

A Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela presenta a  Convocatoria 2010 do Proxecto “ESTALMAT- Galicia” para a detección e estímulo do talento en Matemáticas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. O Proxecto ESTALMAT-Galicia, integrado no Proxecto ESTALMAT-España, conta co aval científico da  Real Academia Española de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales e co apoio económico da Fundación Vodafone-España, das Deputacións da Coruña e Lugo, do Proxecto I-MATH Ingenio-Mathematica e do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC).

Obxectivo: Fomentar a afección e a habilidade especial en Matemáticas en nenos e nenas de Galicia, nacidos en 1997 ou 1998.

Proceso de selección: Constará de tres fases:

1.  Proba de aptitude. Terá lugar o sábado 5 de xuño de 2010, ás 10 horas, na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. Consistirá na resolución dunha colección de problemas.

2.  Test psicométrico. Terá lugar o mesmo sábado 5 de xuño, ás 13:00 horas, na mesma Facultade de Matemáticas.

3.  Entrevista persoal. Unha vez corrixidas as probas, levarase a cabo unha entrevista cos nenos e nenas preseleccionados e con seus pais ou titores, que previamente serán avisados persoalmente, encamiñadas a avaliar o interese e o grao de compromiso co proxecto.

A lista definitiva dos estudantes seleccionados farase pública na páxina web do proxecto: http://www.estalmatgalicia.com

Programa de Actividades: Ao longo dos cursos académicos 2010-11 e 2011-12 desenvolveranse as seguintes actividades formativas cos estudantes seleccionados:

1. Campamento matemático ao comezo do curso 2010-11.

2. Sesións de formación matemática: tres horas á semana durante as mañás dos sábados (entre 22 e 23 sesións). Impartiranse na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. As clases non queren adiantar contidos matemáticos do seu currículo escolar, senón, pola contra, desenvolver aspectos que habitualmente quedan fora das actuais programacións de matemáticas de secundaria e que se consideran unha parte esencial da actividade matemática máis xenuína.

3. Outras actividades: conferencias, xornadas virtuais conxuntas con Proxectos ESTALMAT doutras comunidades autónomas, concursos matemáticos, etc.

Desprazamento: Os pais e nais dos estudantes seleccionados deberán adquirir o compromiso de levalos e recollelos ao lugar onde se realicen as clases e actividades. O Comité Organizador xestiona a posibilidade  de bolsas de axudas para os desprazamentos.

Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE MicrosoftInternetExplorer4

Inscrición: É necesario cumprimentar o formulario adxunto, preferiblemente na páxina web do proxecto ESTALMAT-Galicia (http://www.estalmatgalicia.com), antes do 30 de maio de 2010. No lugar correspondente, opcionalmente,  pode incluírse o nome dun profesor ou profesora que avale o interese e aptitude do estudante polas matemáticas.